Foliada de Caión
INFORMACIÓN
| Título: | Foliada de Caión |
| Disco: | Coplas do viño (1998) |
| Letra: | Popular |
| Música: | Popular |
| Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Eu caseime por un ano,
por saber qué vida era,
o ano vaise acabando,
solteiriño, ¡quen me dera!
A miña muliña cando vai pra o muíño,
vai enfariñada, cheíña de frío,
cheíña de frío cando vai xiada,
a miña muliña sempre vai cargada.
Eu caseime cunha nena
porque ela cantaba ben,
agora morro de fame
i o cantar non me mantén.
Si queres que vaia e veña
de noite polo lugar,
has de prende-la cadela,
que non fai senón ladrar.

Para facer unha nova busca, preme aquí.