Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Foliada de Canabal


INFORMACIÓN

Título:Foliada de Canabal
Disco:Coplas do viño (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Polas rosas da roseira
catro biquiños che dei,
o primeiro, rapaciña, ai lalá,
o primeiro rapaciña
prendado de ti quedei.

Fun a Canabal,
Canabal eu fun,
fun a Canabal
por ver unha nena,
fun a Canabal,
Canabal eu fun,
teño de ir e vir,
teño de ir e vir,
quero que me queira.

As tellas do teu tellado,
verten auga sen chover,
e se queres que eu che queira, ai lalá,
e se queres que eu che queira,
faino ti por merecer.

Rapaciña, rapaciña,
non me deixes de querer,
que mozo máis merecente, ai lalá,
que mozo máis merecente,
xunto a ti non as de ter.

Solteiriña non te cases,
aproveita a boa vida,
que eu ben sei dunha casada, ai lalá,
que eu ben sei dunha casada
que chora de arrepentida.

Para facer unha nova busca, preme aquí.