Foliada de San Xusto
INFORMACIÓN
| Título: | Foliada de San Xusto |
| Disco: | Cancións para ir de romaxe (1998) |
| Letra: | Popular |
| Música: | Popular |
| Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Aldeíña de Baldaio,
aldea de poucos homes
e á aqueles poucos que quedan
chámanlles remendafoles,
Ai lalelo ai lalalo.
Polo río abaixo vai
unha troita de pé
corre que te corre.
¡Quen a puidera coller!
¡Quen a puidera coller!
¡Quen a puidera pillar!
Polo río abaixo vai
unha troita de pé.
Carballeira de San Xusto,
carballeira derramada.
Naquela carballeiriña
perdín a miña navalla.
Ai lalelo ai lalalo.
Perdín a miña navalla,
máis valera non perdela,
fíxenme de alí veciño
e casei con Rafaela.
Ai lalelo ai lalalo.
Carballeira de San Xusto
que estás ó pasar o río,
caseime con Rafaela
para non morrer de frío.
Ai lalelo ai lalalo.

Para facer unha nova busca, preme aquí.