Galicia
INFORMACIÓN
Título: | Galicia |
Disco: | Soltas (s. d.) |
Letra: | Manuel Rodríguez López |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Vai sendo hora, Galicia, que esquezas
as fazañas antigas e poñas
en vitrinas douradas e cofres,
nun museo, as pretéritas cousas.
Longos anos durmiches no tempo,
enmeigada e cun nudo na gorxa.
Deixa os tópicos, Patria, i alanca
ensanchando camiños e corgas.
Dende os Celtas, os Suevos, os Godos
i as feudales i eternas liortas,
moitas lúas morreron no mar,
moitos soles barreron as somas.
Xa chegamos á edade do Sputnik
que no cosmos altivo revoa.
Xa as fronteiras caíron no chan
e cen pobos camiñan na historia.
Novos xeitos aluman no ceo
un mañá con brilantes raiolas.
Escentila riseiro o futuro
i o progreso arremete nas portas.
Ateigadas de cantos e chíos,
anduriñas lixeiras retornan
e dá fin a tristura inverniza
i o bon tempo os paxaros agoiran.
Sen acougo, os teus homes millores,
tripan sapos e lobos afogan;
Non pon medo o caduco pasado
nin as verbas que deitan pezoña.
Vencellados en feixes ben pretos
os labregos, poetas e mozas,
estudiantes, obreiros e nenos,
nos cadullos da terra xermolan.
Mocedá tés, oh Patria, e no sangue
unha ialma que peta con forza!
As virtudes da raza están vivas
e camiñan, xunguidas prá groira!
Para facer unha nova busca, preme aquí.