Imos a Belén
INFORMACIÓN
| Título: | Imos a Belén |
| Disco: | Na noiteboa co meu amigo (2001) |
| Letra: | Miguel Martínez Chapela |
| Música: | Miguel Martínez Chapela |
| Voz: | Miguel Martínez Chapela |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Noite de xiada,
noite de paz e amor,
noite na que veu ó mundo
Xesús o Salvador.
A Belén, imos a Belén
que naceu o fillo de María,
que naceu o noso Deus.
As estrelas e a lúa
xuntas vanse pousar
enriba do Portaliño
e a Cristo vanno adorar.
A Belén, imos a Belén
que naceu o fillo de María,
que naceu o noso Deus.
Imos nenos pequenos,
imos a Belén
a ver ó Mesías
que naceu por nós tamén.
A Belén, imos a Belén
que naceu o fillo de María,
que naceu o noso Deus.

Para facer unha nova busca, preme aquí.