Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Iste rapaciño


INFORMACIÓN

Título:Iste rapaciño
Disco:Na noiteboa co meu amigo (2001)
Letra:Pura Vázquez
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Iste rapaciño
que no berce dorme,
é un caraveliño
tremando na noite.

Tremando na noite,
non o hai coma él
¡Que o diga María
que o cante Xosé!

¡Xesús, Xesusiño!
¡Meu Deus pequechiño!
¡Que pallas sin frores
mágoanche o corpiño,
amor dos amores!

Tan pequerrechiño,
non o hai coma él.
¡Que o diga María!
¡Que o anuncie Gabriel

Tamén aparece en:

É nadal

Para facer unha nova busca, preme aquí.