Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Labrego


INFORMACIÓN

Título:Labrego
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Darío Xohán Cabana
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Dendes do abrente ata a noite,
labrego, coidas a arada.
Ano tras ano vas indo
polos camiños da Chaira.
Ano tras ano e tras ano,
seguindo un ronsel de chagas.
Abres os sucos na terra,
e buscas na súa entrana
a pedra filosofal
das longas terras labradas.
Vas arando e sementando
en fondos regos de espranza
longos anceios de vida,
infinitas laparadas.

Labrego, fillo da terra:
ti es o dono da Chaira.

Para facer unha nova busca, preme aquí.