Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Letanía de Galicia


INFORMACIÓN

Título:Letanía de Galicia
Disco:Concerto en Xenebra (1976)
Letra:Uxío Novoneyra
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

GALICIA digo eu, un di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastra os que calan din GALICIA
e saben sabemos.

GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza.

Libre pra servir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña GALICIA viva inda

Recóllote da terra estás moi fonda
recóllote do pobo estás nil toda
recóllote da historia estás borrosa.

Recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pobo
recóllote pra os novos que veñen con forza
prós que inda non marcou a malla d'argolas
prós que saben que ti podes ser outra cousa
prós que saben que o home pode ser outra cousa.

Sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa.

Tamén aparece en:

Limiar

Para facer unha nova busca, preme aquí.