Lonxe
INFORMACIÓN
| Título: | Lonxe |
| Disco: | Lonxe - Miña nai (1981) |
| Letra: | Suso Vaamonde |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Cando un día eu deixei a casa
e vinme na obriga de marchar,
sentín a tristura dos adeuses
e cantei as notas do alalá.
Fun buscando luz polos camiños,
escoitei as xentes a cantar,
busquei cos ollos a Terra amada,
e vinme na obriga de berrar.
A Galicia que sempre eu cantaba
hoxe rente a min está a chorar,
i eu pensando nela ¡canto a quero!
logo miña Terra hei de voltar.
Van pasando os días e a tristura,
non ten ás e non quere voar,
mais a miña espranza sigue acesa
por cantar as notas do alalá.

Tamén aparece en:
| Ollos de nenos | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.
