Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Maneo de San Benitiño


INFORMACIÓN

Título:Maneo de San Benitiño
Disco:Cancións para ir de romaxe (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

O que lle foron armar
a San Benito de Lérez
o que lle foron armare
que tiña un bon viño morto
debaixo do seu altar.

Árdelle o eixo, árdelle o carro,
árdelle o eixo, arde Combarro,
arde Combarro que cho vin eu
árdelle o eixo, arde Bueu.

Non vaias ó de Paredes
se vas o San Benitiño
non vaias ó de Paredes
que hai outro máis milagreiro
no conventiño de Lérez.

As de Marín e Praceres
as mociñas de Combarro
as de Marín e Praceres
van de troula pola ría
ó San Benito de Lérez.

Tamén aparece en:

Apaga o candil

Para facer unha nova busca, preme aquí.