Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Mariñeiros


INFORMACIÓN

Título:Mariñeiros
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Millán Picouto Igrexas
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

¡Cantos anos en loita
coa mareira, señores,
pra collermos a froita
do ocano sen flores,
orientados co norte,
cos peiraos como esteo,
por debaixo do ceo,
por enriba da morte!

A babor que se esfancha
unha onda alta e fonda,
e a parella e a lancha
xa a brincar noutra onda,
que hai pra encher as patelas
cos bosquexos postreiros
de acorantes luceiros,
de asfixiadas estrelas.

E entre tantos perigos
e acedumes pasados,
relembramos amigos
contra os cons naufragados.
Nun abismo, desertos,
por un tempo xa infindo,
apodrecen durmindo
cos dous ollos abertos.

Para facer unha nova busca, preme aquí.