María Soliña
INFORMACIÓN
| Título: | María Soliña |
| Disco: | Gravación en Barcelona (1975) |
| Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
| Música: | Xavier González del Valle |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemia:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos arenales de Cangas,
muros de noite se erguían:
ai, que soliña quedache
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguian:
ai, que soliña quedache
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
sonos de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
Maria Soliña
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache
María Soliña.

Tamén aparece en:
| Noticia da nova canción galega | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.
