Moi lonxe
INFORMACIÓN
Título: | Moi lonxe |
Disco: | CEF na voz de Suso Vaamonde (1980) |
Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Verdes outeiros da nativa terra
durmindo nun azul de fumes quedos.
Rente de min estades, doces cumes,
pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.
Serpe de prata, río, longo espello
pasando con lecer. As túas augas
navegan o meu peito lentamente,
pero estou moi lonxe, lonxe, lonxe.
Antigas torres en líquenes douradas,
o chafarís, as rúas silenzosas
vanme cantando un son de gaitas ledas,
pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.
Un neno loiro en preces sulagado
buscando amor. Agora vai conmigo,
dentro de min, chorándome na ialma,
pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.
Un día voltarei, nativa terra,
a descansar en ti dos meus camiños,
mais non te alcontrarei. En min te levo,
pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.
Tamén aparece en:
Lembranza | |
Canciones de ida y vuelta |
Para facer unha nova busca, preme aquí.