Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Na Ría de Vigo


INFORMACIÓN

Título:Na Ría de Vigo
Disco:Coplas do viño (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Cando saín de Soutelo
os meus ollos eran fontes.
Adeus, montes de Soutelo.
Adeus, Soutelo de Montes.

Na Ría de Vigo,
non se pode entrar,
que están os galegos
que van a emigrar,
que van a emigrar,
entrar e saír.
Á Ría de Vigo,
non se pode ir.

Cando embarquei en Vigo
con rumbo a Venezuela
a miña nena choraba,
tamén quería vir ela.

Cando cheguei a Caracas
o meu corazón choraba
porque deixaba na terra
a nena que eu adouraba.

Para facer unha nova busca, preme aquí.