Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Nai e terra


INFORMACIÓN

Título:Nai e terra
Disco:Ollos de nenos (s. d.)
Letra:Suso Vaamonde
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Galicia, nai e terra, estás soñando.
Esperta dese sono tan lonxano
e pensa nos teus fillos que de lonxe
escoitan o bruído
dun amencer chegando.

Galicia, nai fermosa, xa ti sabes
o que lonxe de ti nós agardamos.
Espranza , nai e terra, vida, anguria
nese mencer que un día si ti queres
atoparemos.

Galicia, nai e terra, a túa axuda
fainos en cada intre estar seguros
de que lonxe de ti non nos esqueces
pois ti eres nosa nai, terra, terriña.
Galicia, que anque lonxe
dasnos vida.

Para facer unha nova busca, preme aquí.