Ninguén
INFORMACIÓN
Título: | Ninguén |
Disco: | Lembranza (2000) |
Letra: | Xosé Lois Méndez Ferrín |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Terra de proseguir e non dar nada,
despaciosa Galicia que nos levas
acochados en ti. Lento veleno
que pon nos ollos unha cousa verde.
Língoa que me enche a boca enteiramente
e coma un río interno me asolaga.
Quero dicir teu nome e digo apenas
xentes de terra, homes lentamente
un por un devecendo e sendo nada.
Galicia coma un río que se estiña,
terra de esmorecer, patria do vento.
Quero dicir teu nome e digo dorna
baleira, mergullada dorna negra,
grande arado sen bois, feira sen xente,
noite que vén, enorme noite fría...
Quixera alzar meu canto coma un puño
e por na miña voz teu nome ergueito,
pero non hai ninguén para escoitarme.
Tamén aparece en:
Limiar | |
Homenaxe no Porto | |
Gravación en Barcelona |
Para facer unha nova busca, preme aquí.