Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

No peteiro do luar


INFORMACIÓN

Título:No peteiro do luar
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Álvaro Cunqueiro
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

No peteiro do luar
naceu a herba mollada , ai sí!

Segouna con frío verde
a risa nova da ialba ai non!

As mozas fixeron festa
ao vento da risa moza, ai sí!

A gaita ceibe do orballo
quebrou o seu veu de noiva, ai non!

Os nenos xogan ós ollos
nas pontas frías dos dedos, ai si!

Os mozos xogan ós dedos
nos arcos mornos dos ollos, ai non!

As mozas xogan á risa
no cristal loiro da carne, ai si!

As nenas xogan cristais
na carne loira da risa, ai non!

Para facer unha nova busca, preme aquí.