Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

No sono do cuco novo


INFORMACIÓN

Título:No sono do cuco novo
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Álvaro Cunqueiro
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

No sono do cuco novo
hai un namoro namoro,
cuco de alba lixeira,
cuco para o vento tolo.

Ai o noivado do cuco,
namoro de gaita fina!
Na romería do sono
romeiras de follas vivas.

Romeira unha estrela verde,
romeira unha ra noviña,
romeira unha frol tremante,
romeira unha pomba fría.

Veledas de namorar,
quén as vende, quén as merca?
Na feira do seu noivado
o cuco soña de seda.

Ai o noivado do cuco!
Soño de soñar canciós,
auga corrente, romeira,
lindeiros que deixa o sol.

No sono do cuco novo
hai un namoro namoro,
romería de vidrados,
cuco para o vento tolo

Para facer unha nova busca, preme aquí.