Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Non quero cantar pra ti


INFORMACIÓN

Título:Non quero cantar pra ti
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Vicente Araguas
Música:Vicente Araguas
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Non quero cantar pra ti
pequeno patufo asoballado
que somente pensas polas noite
na coor das túas garabatas.

Non quero cantar pra ti
que tes medo da túa sombra
e que fuxes cando escoitas unhas verbas
como democracia ou libertade.

Non quero cantar pra ti
pequeno moneco esfarrapado
que aínda vives de lembranzas
e vellas grorias xa pasadas.

Para facer unha nova busca, preme aquí.