Nos caneiros
INFORMACIÓN
| Título: | Nos caneiros |
| Disco: | Cancións para ir de romaxe (1998) |
| Letra: | Popular |
| Música: | Popular |
| Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Inda que non digan
xa sei onde van
polas ferramentas
que levan na man.
Non son ferramentas
pra ir a segar,
que son empanadas
pra ir merendar.
¡Que orgullo esta xente
de ser betanceiros,
cando eles se embarcan
pra ir ós Caneiros!
Subindo a marea
é facil chegar,
voltando á noite,
voltando á noite
é fácil voltar.
Con fogos e gaitas
agarda a xente
todos aparcados
na beira da ponte.
Aí chegan as barcas
con moita ledicia
están alumeadas
que parece día.

Para facer unha nova busca, preme aquí.