Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O afiador


INFORMACIÓN

Título:O afiador
Disco:Os soños na gaiola (1978)
Letra:Manuel María
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Anda un afiador na aldea:
¡o seu silbato sentín!
Anda o afiador na aldea
¡aínda que eu non o vín!

Seu chifre de sete notas
é solermiño e levián:
¡ten a limpeza da aurora,
tristura ten de serán!

Anda o afiador na aldea
seu oficio a pregoar,
¡con sete notas no chifre
i a súa roda de afiar!

Afía brosas e fouces
coitelos ¡o que lle salla!
¡Eu quero, nai, que me afíe
as tesouras y a navalla!

¡Quero ollar ó afiador
darlle a roda co pe dereito,
como a roda ceiba chispas,
sementa raios a eito!

¡O afiador co seu chifre
encheme de señardá!
¿De onde ven o afiador?
O afiador, ¿a onde irá?

Para facer unha nova busca, preme aquí.