O arco da vella
INFORMACIÓN
| Título: | O arco da vella |
| Disco: | Os soños na gaiola (1978) |
| Letra: | Manuel María |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O Arco da Vella no ceio é subido
co seu colorín co seu colorido.
O Arco da Vella cos sete colores
que teñen no ceo beleza de frores.
O Arco da Vella no ceio é achatado
co seu colorín co seu colorado.
O Arco da Vella é un arco trunfal
con sete guerreiros que a ninguén fan mal.
O Arco da Vella de luz feito é
resulta un milagre que siga de pé.

Tamén aparece en:
| Primeiro cabodano | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.
