O carro
INFORMACIÓN
Título: | O carro |
Disco: | Concerto en Xenebra (1976) |
Letra: | Manuel María |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Non canta na Chá ninguén,
por eso meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso,
fino como un asubío,
anque as vegadas saudoso
faise no ar rechouchío.
Non canta na Chá ninguén,
por eso meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
O meu carro é cerna dura,
sábese carballo e freixo.
Que fermosa a súa feitura!
Que lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
Carrétame herba pra o gando!
Tráeme a colleita pra casa!
Non canta na Chá ninguén,
por eso meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Para facer unha nova busca, preme aquí.