Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O chifre


INFORMACIÓN

Título:O chifre
Disco:Os soños na gaiola (1978)
Letra:Manuel María
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan silbador i algareiro
que a todos chama a atención.

Eu teño un chifre chifreiro
que mo mercaron na feira.
¡O seu silbo, silbador
resoa na aldea enteira...!

Eu dou ordes co meu chifre,
ando a ordear con silbatos:
¡Que frolezan as roseiras,
que chíen ben os paxaros!

¡Que maduren as cerdeiras,
as figueiras i os mazairos!
¡E que veñan ben cargados
de xoguetes os Reis Magos!

¡Teño un chifre de verdá!
¡Teño un chifre verdadeiro!
¡Non quero chifres de palla
nin de casca de salgueiro

Para facer unha nova busca, preme aquí.