Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O emigrante


INFORMACIÓN

Título:O emigrante
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Manuel Rodríguez López
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Como unha moxica acesa
que o ar levou no seu coliño,
así che levou a ti
a malafada a ise sitio
onde coidaches topar
mais achego i agarimo.

E xa ves... Non tes ningún,
meu emigrante querido.

Onde millor estarás
é debaixo daquil pino
que está a carón do teu lar,
saboreando os doce bicos
que che darán na meixela
istes galegos airiños.

Para facer unha nova busca, preme aquí.