O foguete
INFORMACIÓN
| Título: | O foguete |
| Disco: | Concerto en A Pobra de Trives (ca. 1985) |
| Letra: | Manuel María |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O foguete sube ó ceio
como un raio.
Perde forza e cai ó chao
nun desmaio.
¡O foguete chega as nubes!
¡Que bravura!
¡Que de estalos! ¡Que bruído!
¡Pouco dura!
Mais a cana do foguete
cai de prano.
¡Que aguillada de xoguete!
¡Que galano!

Tamén aparece en:
| Os soños na gaiola | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.
