O grilo
INFORMACIÓN
Título: | O grilo |
Disco: | Os soños na gaiola (1978) |
Letra: | Manuel María |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O grilo canta no lar,
tamén canta na campía.
¡Canta co sol queimador,
nas horas do meridía!
¡O grilo tan pequeniño
coas azas tan delicadas,
co seu traxe de cor moura
i as súas anteas delgadas!
Teño un grilo ceboleiro
que soio come leituga
e, pra cantar e cantar,
¡si viras como madruga!
O meu grilo cantador
é mellor que o que tes ti,
¡cando o teu da dito: "cri"
o meu xa dixo: "cricrí".

Para facer unha nova busca, preme aquí.