Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O lobo


INFORMACIÓN

Título:O lobo
Disco:Os soños na gaiola (1978)
Letra:Manuel María
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Ven o señor Lobo
¡que medo, neniño!
polo monte abaixo
¡i asusta ó camiño!

Trai lume nos ollos;
nos dentes, coitelos
tan ben afiados
¡que dá medo velos!

¡Que da medo velos;
arrepío ollalos!
¡Ven o señor Lobo
con instintos malos!

Anda paseniño
con pasos calados.
Años e ovellas:
¿estarán gardados?

Ven o señor Lobo
con paso seguro:
¡a luz dos seus ollos
fura no escuro!

Escóitase ó lonxe
perdido entre matos,
na soidá do monte,
oular de lobatos.

Chega o señor Lobo.
A súa ollada fría:
¡pon os pelos dreitos,
o sangue arrepía!

O sangue arrepía,
o corazón xea:
¡está o señor Lobo
venteando a aldea!

Para facer unha nova busca, preme aquí.