O neno
INFORMACIÓN
| Título: | O neno |
| Disco: | CEF na voz de Suso Vaamonde (1980) |
| Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Había un lume aceso
na casa dos abós.
Agora ben comprendo
que o lume eramos nós.
O pai que contaba unha
historia medoñenta.
A nai surría, pois
a historia n-era certa.
Afora, nos camiños,
refungaba o corisco.
Unha irmá preguntaba
polos probes de Cristo.
O vento nevoeiro
agallapaba a chaira.
¿Onde están esta noite
os que non teñen casa?
O bosco era un misterio
rumoroso e lonxano.
O irmáu máis pequeno
preguntaba calado.
Agora é xa un home,
e sigue preguntando.

Para facer unha nova busca, preme aquí.