Este pandeiro que toco
INFORMACIÓN
| Título: | Este pandeiro que toco |
| Disco: | Ollos de nenos (s. d.) |
| Letra: | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao |
| Música: | Popular |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Este pandeiro que toco
ten o pelexo enrugado
que llo saquei a un castrón
que andaba no meu tellado.
Este pandeiro que toco
ten o pelexo gastado
de tanto dalle que dalle
de tanto repenicalo.
Este pandeiro que toco
ten o pelexo virado,
cando se toco con xeito
bailan os demos no adro.

Para facer unha nova busca, preme aquí.