Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O pastor


INFORMACIÓN

Título:O pastor
Disco:Os soños na gaiola (1978)
Letra:Manuel María
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Eu vou ó monte co gando
dun canciño acompañado.
Nos meus días de pastor
¡que cousas teño soñado!

Teño soñado que as nubes
son un fato ou un rebaño.
¡Os seus verlos branqueciños
semellan a lá dun año...!

¡Soñei que os cornos da lúa
os cornos dun xato son!
¡Que son os cornos dun xato
que son os dun boi marón!

¡Soñei que a auga do río
e un touro desmandado;
un touro que, pola forza,
nunca será domeñado!

Soñei que podía xunguir
ó meu carro de xoguete
un par de gatos que teño
moi bravos, case monteses.

¡Moi lonxe, nos soños, fun!
Cando dos soños volvín:
¡o canciño compañeiro
xa estaba feito un mastín!

Para facer unha nova busca, preme aquí.