O río
INFORMACIÓN
| Título: | O río |
| Disco: | Os soños na gaiola (1978) |
| Letra: | Manuel María |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta pras cousas
e canta pra min tamén.
¡O río canta pras albres
paxareiras da ribeira!
¡O río canta pros prados
e pras nubes viaxeiras!
A todos di o seu cantar
con escuro e craro son.
¡A todos di o seu cantar
anque llo escoiten ou non!
Non lle preguntes ó río
a onde vai, de onde ven.
¡O río pasa correndo!
¡O río non se entretén!
O río pasa correndo,
nunca deixa de pasar.
¡Vai decindo a súa canción
e non se pode parar!

Para facer unha nova busca, preme aquí.