Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O rodaballo


INFORMACIÓN

Título:O rodaballo
Disco:Coplas do viño (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo
catro rapaces da Pobra
uy ai, ai, uy, ai ai,
pescaron un rodaballo.

Mala chispa te coma,
mala chispa te dé,
mala chispa te trague,
ai ei e.

O patrón da embarcación
tamén era de Marín
e díxolle ó rodaballo:
uy ai, ai, uy, ai ai,
"moito miras para min".

Foron vendelo á lonxa
e con moito desimulo,
e quen llo foi a mercar,
uy ai, ai, uy, ai ai
a filla do Cachirulo.

Eiquí remata a historia
deste peixe desgraciado
que, por non haber aceite,
uy ai, ai, uy, ai ai,
houbo que comelo asado.

Para facer unha nova busca, preme aquí.