O soñador
INFORMACIÓN
Título: | O soñador |
Disco: | Os soños na gaiola (1978) |
Letra: | Manuel María |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Quixera ser muiñeiro
pra me enfoular de fariña
¡Levaría branca a pucha,
non cobraría a maquía!
Eu quixera ser ferreiro
pra forxar o ferro roxo.
¡Con un martelo na mao
petaría ó meu antoxo!
Quixera ser mariñeiro,
mariñeiro e pescador:
¡Tería un barco veleiro
i unha dorna con motor!
Quixera ser fogueteiro
e, nas festas patronais,
¡tirar foguetes, foguetes
de estalos fenomenais!
E si eu fora canteiro
faría un pazo sin igual:
¡o pombal había de ser
o salón mais principal!
¡Mais son un probe gaiteiro,
mais son un gaiteiro probe!
¡Quéimame o sol no agosto,
móllame a choiva, si chove!
Un probe gaiteiro eu son,
pequeniño e soñador.
¡Teño por mestre de música
o melro máis silbador!
Para facer unha nova busca, preme aquí.