Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O vento


INFORMACIÓN

Título:O vento
Disco:Os soños na gaiola (1978)
Letra:Manuel María
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

O vento i o seu alento
é cousa que non se ve.
¡O vento ten un misterio!
¡O vento un misterio é!

As veces é un marmurio,
un sopro maino da brisa,
solermiño, arrolador,
semellante a unha sorrisa.

As veces o vento zoa,
terribel, ameazante:
¡leva lousados e albres
coa súa forza de xigante!

O vento tolo, na noite
corre, brúa, berra, brama:
¡eu a escoitalo medoso
acochadiño na cama!

O vento pasa bruante
con forza de xigantón.
¡Eu sinto por el respeto
e sempre lle chamo don!

Para facer unha nova busca, preme aquí.