Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Os herdeiros


INFORMACIÓN

Título:Os herdeiros
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Celso Emilio Ferreiro
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Pasan mudos e xordos
baleiras de cancións as súas vidas.
Levan as bocas murchas
de pronunciar palabras fraticidas.

Pasan coas almas turbias
i os corazós de pedra.
Levan os ollos de auga
e polo sangue rúbelle unha hedra.

No lento atardecer pasan tricornios,
ringleiras de tricornios noite e día,
tricornios interiores i esteriores,
tricornios de charol e de acedía.

Son os tricornios fósiles,
descendentes dos monos paleolíticos.
Son fillos de Caín e de Tricornia.
Son os herdogardalíticos.

Para facer unha nova busca, preme aquí.