Panxoliña da Noiteboa
INFORMACIÓN
Título: | Panxoliña da Noiteboa |
Disco: | Na noiteboa co meu amigo (2001) |
Letra: | Manuel María |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Miguel Martínez Chapela |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
¡Esta noite é Noiteboa!
¡Naceu Xesús no Portal!
O lonxe o vento que zoa
nas follas do carballal.
¡Esta noite é Noiteboa!
¡Naceu Xesús no Portal!
¡Naceu Xesús de María
como raio brilador!
San Xosé, ¡como sorría!
E na Virxe, ¡canto amor!
¡Naceu Xesús de María
como raio brilador!
Entraba a luz do luceiro
por un burato do teito.
¡O noso Deus verdadeiro
so tiña pallas por leito!
Entraba a luz do luceiro
por un burato do teito.
¡Era un coitelo o resío!
¡A noite xeada estaba!
¡Anque era doente o frío
o Neno Deus non choraba!
¡Era un coitelo o resío!
¡A noite xeada estaba!
¡Esta noite é Noiteboa!
¡Naceu Xesús no Portal!
O lonxe o vento que zoa
nas follas do carballal.
¡Esta noite é Noiteboa!
¡Naceu Xesús no Portal!
Para facer unha nova busca, preme aquí.