Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Panxoliña de dór e gozo


INFORMACIÓN

Título:Panxoliña de dór e gozo
Disco:Na noiteboa co meu amigo (2001)
Letra:Manuel María
Música:Suso Vaamonde
Voz:Miguel Martínez Chapela

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

No meu corazón hai dór
e o amor da miña amiga.
¡Por odio teño unha flor
e por luz esta cantiga!

É noite, Noite amantiña.
É noite de Navidade
e na noite unha estreliña
brila con máis craridade.

Hoxe por nós nace o Neno.
Non precisamos máis luz.
Nace entre pallas e feno
e morrerá nunha cruz.

O amor da miña amiga.
O meu corazón sen dór.
E por luz desta cantiga
a gracia do Redentor.

No meu corazón hai dór
e o amor da miña amiga.
¡Por odio teño unha flor
e por luz esta cantiga!

Hoxe por nós nace o Neno.
Non precisamos máis luz.
Nace entre pallas e feno
e morrerá nunha cruz.

Para facer unha nova busca, preme aquí.