Panxoliña do poeta
INFORMACIÓN
Título: | Panxoliña do poeta |
Disco: | Na noiteboa co meu amigo (2001) |
Letra: | Manuel María |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Miguel Martínez Chapela |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O camiño está so.
A noite sen luz.
Pra alumar a noite
o Neno Xesús.
O río vai cheo.
A noite pon medo.
Nen unha estreliña
relumbra no ceio.
Ningunha estreliña
e ningún luceiro
arden pra alumar
o fondo do peito.
Ergue os ollos. Mira
brilar o luceiro.
¡O Neniño Deus!
¡O Deus verdadeiro!
Vanse apagar
estes meus anceios.
Estes meus anceios.
Os degaros meus.
Ten luz o camiño.
A noite sen medo.
O Neno Xesús
naceu no meu peito.
O camiño está so.
A noite sen luz.
Pra alumar a noite
o Neno Xesús.
Ergue os ollos. Mira
brilar o luceiro.
¡O Neniño Deus!
¡O Deus verdadeiro!
Para facer unha nova busca, preme aquí.