Panxoliña dos galegos
INFORMACIÓN
| Título: | Panxoliña dos galegos |
| Disco: | Na noiteboa co meu amigo (2001) |
| Letra: | Manuel María |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Miguel Martínez Chapela |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O Neno Deus é un neniño
que namora soio velo
Os seus ollos son de luz
e de ouro fino o cabelo.
¿Non vedes fiar á Virxen
tan caladiña e tristeira?
Imos levarlle, pastores,
un año branco e manteiga.
San Xosé é carpinteiro
e xa non corta madeira.
Anda a facer unha cruz
dun pauíño de oliveira.
¡Camiñade, galeguiños,
camiñade para Belén!
¡Xa naceu o Rei do Ceio
e quen lle cante non ten!
O Neno Deus é un neniño
que namora soio velo
Os seus ollos son de luz
e de ouro fino o cabelo.

Para facer unha nova busca, preme aquí.