Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Portugal


INFORMACIÓN

Título:Portugal
Disco:Ollos de nenos (s. d.)
Letra:Suso Vaamonde
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Ficando soio voume pra lonxe,
ficando soio deixo un fogar.
Deixo a ledicia, deixo os amigos,
deixo ista terra de Portugal.

Voume pra lonxe mais logo volto.
Ós meus amigos hei de lembrar
polos sendeiros, polos lameiros,
polos vieiros, por terra e mar.

En Portugal algo atopei
e o levarei perto de min
e loitarei no meu loitar
co meu lembrar en Portugal.

Hei de marchar moi de vagar
en bolboreta hei de voar
sin acougar, sin eu chorar
lembrando a terra de Portugal.

I eu algún día hei de voltar
levando un cravo roxo na man
pra acougar, pra eu ficar
cos meus amigos en Portugal.

Detrás dos montes até o Algarve
pasando Porto pra Lisboa
hei de chegar moi de vagar
bicar a terra de Portugal.

Os sentimentos que hoxe sinto
por esta terra de namorar
fanme cantar, fanme deixar
algunha espranza en Portugal.

Para facer unha nova busca, preme aquí.