Pranto
INFORMACIÓN
Título: | Pranto |
Disco: | Soltas (s. d.) |
Letra: | Darío Xohán Cabana |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
No vento da Chaira vén
unha toleira de pranto.
Nunha noite de febreiro
chegou a morte de flanco.
Antre as toxeiras do loito
hai un chorar de paxaros.
A lúa foise pra o sul
i enfureceuse o Mar Cántabro.
Chora sangue a Terra Cha
por un galego de raio
que tiña verbas de lóstregos
e de furibundos dardos.
Os fillos da longa noite
na súa presencia calaron
e diante del non mentían
un amor dito en castrapo.
Aristocráticas merdas
van pasando e repasando
un vello libro de pregos
feito por un crego parvo.
Chora a longura da Chaira
por un duro machadazo,
un pranto feito de estrelas
por un potente carballo.
Galego, sempre galego,
colérico e malfado,
sinxelo, aberto, compadre,
verdadeiro e tabernario
Para facer unha nova busca, preme aquí.