Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Requiem


INFORMACIÓN

Título:Requiem
Disco:Concerto en Taragoña (1978)
Letra:Celso Emilio Ferreiro
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Paco Pixiñas, zorro confeso,
fuche en carroza pra o cimenteiro.

Tanto rillar na carne de cocho
tanto rillar, matoute un arrouto.

Un torozón finou cos teus días,
cómo te alcontras Paco Pixiñas.

Púñache os cornos seica a parenta,
síguechos pondo post mortem, seica.

Das malas língoas non fagas precio,
durme tranquilo no teu sartego.

Vendiches vento, vendiches leria,
todo vendiches menos decencia.

Todo ten precio, todo se compra,
todo se vende, menos vergonza.

Diñeiro podre non fai mercede
alma mezquiña, todo empodrece.

Cómo che vai cariña de antroido,
tanto aforrar pra agora estar morto.

A nosa Terra nada che debe
nada lle importa que alá te quedes.

Dándolle estrume ao chan alleo
pois a Galicia sóbralle esterco.

Si fuches povo, dil desertaches,
Paco Pixiñas, Requiescat in pace.

Tamén aparece en:

Nin rosmar un laído
Concerto en Xenebra
Gravación en Barcelona

Para facer unha nova busca, preme aquí.