Romanciño da barca en Muxía
INFORMACIÓN
Título: | Romanciño da barca en Muxía |
Disco: | Cancións para ir de romaxe (1998) |
Letra: | Popular |
Música: | Popular |
Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Nosa Señora da Barca,
Nosa Señora, valeime,
que estou no medio do mare,
non hai barqueiro que reme.
Ai lalelo ai lalala.
Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra,
ben o poidera ter de ouro
se a virxenciña quixera.
Ai lalelo ai lalala.
Eu fun abalar a pedra,
a pedra eu fun abalar.
Eu fun abalar a pedra
que está no medio do mar.
Ai lalelo ai lalala.
Nosa Señora da Barca
ten a porta cara o mar
e un pouquiño máis abaixo
ten a pedra de abalar.
Ai lalelo ai lalala.
Nosa Señora da Barca,
cando chegou a Muxía
viña tocando o ferriño,
i entoando unha cantiga.
Ai lalelo ai lalala.
Nosa Señora da Barca
desembarcou nunhas pedras
e cos anxos que bogaban
quedouse pra sempre nela.
Ai lalelo ai lalala.
Para facer unha nova busca, preme aquí.