Sementador
INFORMACIÓN
Título: | Sementador |
Disco: | Soltas (s. d.) |
Letra: | Ramón Cabanillas |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
¡Sementador! O trigo dos beirales
mostra as espigas mestas e douradas,
e as segadoras fouces, afiadas,
teñen tráxico brillo de puñales.
O teu verbo, estalante nos pinales,
troca, ó chegar ás chouzas das valgadas,
os salaios das gorxas abafadas
en ruxidos guerreiros e triunfales
A aldea érguese co craror da aurora
agardando a siñal, e non sosega
en axexo de loita vingadora.
¡Xa a lus do sol do mediodía cega,
sementador! ¡Sementador, xa é hora
de da-lo berro e comenza-la sega!
Frente ós dores da Terra malferida,
dende as tristes ribeiras do desterro
outra vez, loitador, vai o meu berro
a pedirche a siñal para a partida.
Fora vergonza conservar a vida,
fora treición ter envainado o ferro
vendo ós caciques prepararlle o enterro,
creiéndoa morta porque está ferida.
¿A qué agardar? Xa se falou dabondo.
Cómpre agora, aforquemos, antre o estrondo,
da revolta, aos ladróns feitos señores.
Ou trunfar ou morrer! E non se diga
que non soubemos cancelar a obriga
que firmaron coa Patria os Precursores.
Para facer unha nova busca, preme aquí.