Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Teño


INFORMACIÓN

Título:Teño
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Pura Vázquez
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Teño unha frol en ti asolagada,
amor, amor, nadándome na ialma.

Teño meu goio en ti, teño meu goio,
amor, amor, nacéndome nos ollos.

Teño meu soño en ti, teño meu vaso,
amor, amor, nos labres emborcado.

A miña sede en ti, en ti meu canle,
amor, amor, doéndome no sangue.

Para facer unha nova busca, preme aquí.