Terra
INFORMACIÓN
| Título: | Terra |
| Disco: | Concerto en Xenebra (1976) |
| Letra: | Ramón Cabanillas |
| Música: | Xoán Silva |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
A neve nos curutos,
a brétema no val,
o son bicando as veigas,
o vento no pinal.
Este berro de loita
estendan polo chan,
esperta i érguete axiña,
Terra de Breogán.
Fillos do chan galego,
rexos celtas, irmáns
os corazóns dispostos
nun feixe as voluntás.
Respóndanos ó berro
que nos chama a loitar
¡Liberdade á nobre, sagra!
¡Terra de Breogán!

Para facer unha nova busca, preme aquí.