Un soño
INFORMACIÓN
Título: | Un soño |
Disco: | Concerto en Salvaterra de Miño (1985) |
Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Fai pouco tiven un soño
que máis ben foi un lembrar,
pois os soños moitas veces
veñen da realidá.
Colléronme preso un día
i atáronme mau con mau,
por culpa dun falso amigo,
fillo bastardo dun can.
Colléronme preso un día,
enlamáronme no chan,
aldraxáronme, puxeron
o meu nome a pregoar.
Sepan homes e mulleres
desta honrada vecindá
que o poeta é un falsario,
un malvado, un mintirán.
Moraima, non me perguntes
nin pretendas saber máis,
pois o meu soño esvaíuse
cos paxaros da mañán.
Diréiche soio unha cousa
pra esta historia rematar.
Colléronme preso un día,
outro non me collerán.
Tamén aparece en:
CEF na voz de Suso Vaamonde | |
Concerto en A Pobra de Trives |
Para facer unha nova busca, preme aquí.