Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Veño


INFORMACIÓN

Título:Veño
Disco:CEF na voz de Suso Vaamonde (1980)
Letra:Celso Emilio Ferreiro
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Si veño dende a vida é porque teño
unha lembranza de pavura e guerra
i un soño de espranzas nunha terra
que ven da mesma terra de onde eu veño.

Ao vago rumbo de vivir me ateño
e busco un río azul de augas sereas
con mestos bidueiros, con aceas
que anceio sin cesar e nunca outeño.

Non sei si son feliz ou desgraciado,
nin tampouco si estóu ledo ou tristeiro.
Soio sei que me sinto un estranxeiro,

un home de cotío desterrado
dun remoto país fermoso e triste
que aínda non sei si de verdade esiste.

Tamén aparece en:

Lembranza

Para facer unha nova busca, preme aquí.