Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Vestida de aldraxe


INFORMACIÓN

Título:Vestida de aldraxe
Disco:Concerto en Xenebra (1976)
Letra:Manuel Rodríguez López
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Vestida de aldraxe e mouras cubizas,
de inxusticia arreo i eternas perguizas
preñada de roubos, chea de ruindade,
afógame a bosta desta sociedade.

Os sete pecados a mallar nos servos,
alancan decote fonchos e soberbos
e trunfa a luxuria e medra o ladrón
e campa o usureiro e vive o lambón.

Prós nosos meniños agroman, coitados,
futuros de mágoas con fel mesturados:
ni escolas ni industrias, nin cencia ni abeiro...
Un corgo lles queda: Fuxir ó estranxeiro!

E aínda hai poetas que cantan ás frores
e falan de meles i ensoñan amores
i alaudan e gaban e baten as mans
e din, a porfía, que somos irmáns.

Tamén aparece en:

Nin rosmar un laído
Concerto en Taragoña

Para facer unha nova busca, preme aquí.